mapa ruta

Características: a ruta discorre a carón dos ríos Quiroga e Pacios, por paraxes silvestres que presentan unha gran diversidade botánica mesturándose extraordinarios exemplares de castiñeiros con sobreiras centenarias no medio da rica flora autóctona. Inclúe a visita a unha alvariza, de grande interese cultural e etnográfico posto que representa as construcións abelleiras da montaña luguesa que servían para protexer as abellas dos osos.