ruta das abellas xente





Rematada a ruta, atopamos a Manuel Macía, abelleiro profesional que obtén os tradicionais meles en produción ecolóxica: mel de queiroga, mel de castiñeiro, pole e outros produtos das abellas que se poden degustar e adquirir directamente na súa propia casa.
 
A Cooperativa Cauru, é outro centro de interese apícola nesta comarca. Integrada por un grupo de abelleiros de Quiroga producen os tradicionais meles de estas montañas, tamén en ecolóxico. Asemade, nestas instalacións pódese visitar un espazo museístico sobre o mundo das abellas e os seus produtos, que tamén se poden adquirir na propia cooperativa.
ruta das abellas xente